Por mor da entrada en vigor da Lei 30/3007, do 30 de Outubro, de Contratos do Sector Público, a partires do 1 de maio do 2.008, os Organos de Contratación dos Poderes Públicos Adjudicadores están obrigados a crear o seu “ perfil do contratante”, cumprindo a previsión recollida no artigo 42 da citada Lei, co fin de que toda a información, sexa voluntaria o legalmente obligatoria, relativa ó procedimento de adxudicación dos contratos que se licitan, poida colgarse na mesma en cumprimento dos principios de igualdade, transparencia, concurrencia e publicidade, que deben presidir toda a contratación do Sector Público.
|
O perfil do contratante poderá incluír calesqueira datos e informacions referentes á actividade contractual del órgano de contratación, tales como os anuncios de información previa contemplados no artículo 125, as licitacions abiertas ou en curso e a documentación relativa ás mesmas, as contratacions programadas, os contratos adxudicados, os procedimentos anulados e calquera outra información útil de tipo xeral como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación. En todo caso será obrigatoria a publicación no perfil do contratante a adxudicación provisional dos contratos, xa que unha vez dada a conocer a través deste medio, empezan a correr os prazos, ainda que só pra os contratos suxeitos á “ regulación armonizada” (art. 13 LCSP), pra interposición do Recurso Especial de Contratación (Art 37 LCSP) e pra solicitude de adopción de Medidas Provisionales ( Art. 38 LCSP), e, pra todos os contratos, os recursos ordinarios de alzada ou reposición, regulados na Lei 30/1992, de 26 de Novembro, do Réxime Xurídico das Administracions Públicas e o Procedimento Administrativo Común.
|
A forma de acceso ó perfil do contratante deberá especificarse nas páxinas Web institucionais dos entes, organismos e entidades do Sector Público, na Plataforma de Contratación do Estado ( Art. 309.1 LCSP), ou na Plataforma de Contratación das Comunidades Autónomas ( Art. 309.5 LCSP), nos “ Pliegos de cláusulas administrativas particulares” ( Art. 99 LCSP) e nos anuncios de licitación ( Art. 126 LCSP). |
Organo de Contratación: Concello de A Rúa. Praza José Antonio Míguez nº 1 32350 - A RÚA |
Negociado: Contratación ( Secretaría). Teléfono: 988-310116 Fax: 988-311321 Correo electrónico: |