DESCRICIÓN

Superficie:

35,9 km²

Población:

4.800 habitantes

Parroquias:

A Rúa de Valdeorras (Santo Estevo)Roblido (San Xoán)San Xulián (San Xulián)

O Concello de A Rúa forma parte da comarca de Valdeorras situada ó nordés da provincia de Ourense. Linda cos Concellos de Petín e Vilamartín de Valdeorras polo este, ó sur co de Larouco, polo norte co municipio de Vilamartín de Valdeorras e co termo municipal lugués de Quiroga, co  que tamén linda polo oeste.

Ó norte do municipio encontranse as terras de maior altitude, superando en moitos puntos os mil metros: Lagoa Grande ( 1242 m.), Pincheira ( 1139 m.) e A Torrenta ( 1134 m.). Esto é debido a que aquí están a Serra dos Cabalos, os Montes de Cereixido e a Serra de Enciñeira da Lastra. Ó sur está marcado pola conca do río Sil que forma un fermoso val. A el van parar as augas de numerosos regueiros e é o que desalaga a veiga da Rúa. As suas aguas están embalsadas na presa de San Martiño.

As cumes do norte e oeste impiden o paso das borrascas atlánticas o que da lugar a un clima suboceánico que presenta trazos continentais e mediterráneos marcados polas escasas chuvias, sendo un dos lugares da Comunidade Galega nos que menos precipitacions se recollen, as fortes xeadas, néboas, unha temperatura media de 15,6 graos e a seca de vrao.

Castelán