Centro Cultural AVENIDA

TEATRO

6 de Marzo ás 20,30 horas

 

PALABRAS ENCADEADAS

Un psicópata e a súa víctima, secuestrada nun espazo sen fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso pende sempre dun fío. Na busqueda da verdade, que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man, o que parecía un final imprevisible, transfórmase en inevitable.

Carlos Blanco afronta un novo reto: falar do Camiño. ¿A ónde van os peregrinos de medio a toda velocidade?, ¿que presa teñen?, ¿que fan as Capelas do Camiño pechadas se a restauración das mesmas faise con cartos de todos?, ¿Por qué hai tanto lixo nas cunetas?, ¿hai sexo no camiño?, ¿que entendemos polo "Camiño Francés"?, ¿cantos fan o Camiño por fé ou inquedanzas relixiosas?,¿é o Camiño de Fisterra un "bis" do de Compostela?, ¿Prisciliano ou Apóstolo Santiago?.
Ésta e outras preguntas quedarán novamente sen resposta, pero habemos botar unhas risas, claro, porque o Camiño de Santiago pode ter tantas lecturas coma posibilidades hai de facelo. Existen servizos de traslado de mochilas. Hai viaxeiros VIP, naturalmente, e excelentes Casas de Turismo rural ao dispor dos viaxeiros. De todo iso fala "Só". Un percorrido que remata en Compostela (ou en Fisterra, se o público quere).
Un campo de estrelas, un diálogo aberto con outros mundos, unha homenaxe ao Mestre Gila, un espazo de liberdade e creatividade para tempos incertos.
Todo iso e máis é "Só". Humor e Hip Hop, rotas Satánicas e Carballeiras, atascos e dores de pernas, bicicletas e pintadas. E a hostelaría. Sempre.
Todo iso é "Só". Un espectáculo imprescindible para este Xacobeo que nos ven, unha visión nova de algo eterno.

17 de Abril ás 20,30 horas

8 de Maio ás 20:30 horas

PALABRAS ENCADEADAS

Benito e Varela, íntimos dende nenos tomando unhas tazas chegan a un acordo tácito que rubrican tomando a derradeira taza. O primeiro que chegue a ter éxito na vida levará ao outro con él. Varela faise director de cine e o seu recoñecemento profesional é a escala mundial. Benito segue por ese mundos de Dios tentando entrar no mundo do cine. Un bó día entérase que Varela fai un casting para escoller ó actor principal da súa próxima superprodución...