CONVOCATORIA E BASES DE
PARTICIPACIÓN
Coa finalidade de incentivar a produción artística, o
Concello de A Rúa convoca a todas aquelas persoas afeccionadas á pintura a
participar na I edición de “RuaArte: Arte
na Rúa”, de acordo coas seguintes bases:
- Cada artista poderá presentar un máximo de cinco
obras orixinais de tema e técnica libre enmarcadas ou cun simple listón.
- Coas obras
presentadas editarase un catálogo e realizarase unha exposición itinerante
por distintas rúas do noso municipio en lugar e días por determinar
durante polo menos unha semana. O Concello comprométese a por en contacto
a posibles compradores co artista.
- Xunto a
cada obra, o autor deberá entregar un sobre contendo a seguinte
información: título, técnica, medidas, así como o nome, domicilio,
teléfono, email e unha fotocopia do D.N.I.
- O Concello
poderá realizar unha selección das obras presentadas ao certame, podendo
desestimar as que considere oportuno, en función de conseguir a maior
calidade deste ou para adaptarse ás características da exposición.
- O prazo de
presentación dos traballos finalizará o día 31 de maio. A entrega
realizarase nas oficinas de Concello (praza José Antonio Miguez Freire,1, tlf. 988 310116).
- Os autores
das pinturas cederán á organización de forma gratuíta os dereitos de explotación
destas, consistentes na reprodución, distribución e comunicación pública,
as cales se farán sempre co recoñecemento da súa condición de autor agás
manifestación en contra. Os participantes responsabilizaranse totalmente
de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas, nin
reclamación ningunha por dereitos de imaxe.
- A
participación neste Certame supón a aceptación das presentes bases.
ORGANIZA E PROMOVE:
Concello de A Rúa