|
|

O constante esforzo por adaptar a administración local ás novas tecnologías, convirtíndoa nunha administración cercana, áxil e transparente, concrétase coa posta en marcha deste portal que comenza a súa andadura con vontade de servizo aos veciños e veciñas de A Rúa.
Queremos estár máis pretos dos rueses e das ruesas para facilitarlles os trámites que diariamente teñen que realizar, para mantelos informados das novidades municipais ou para que dispoñan dunha canle de comunicación directa e próxima co seu Concello.
Pero tamén queremos que sexa unha fiestra que abra A Rúa ao resto da cidadanía, para que lles permita coñecer e descubrir a nosa historia, a nosa paisaxe, a nosa gastronomía, as nosas xentes, así como dispor da posibilidade de manter lazos de unión coas persoas que por distintas razóns non conviven connosco pero que sempre nos teñen presentes.
Por último quero darlles a benvida a esta páxina do Concello de A Rúa do desexo de que empreguen os servizos que ofrece e de que nos trasladen cantas sugerencias e opinións nos poidan axudar a mellorar día a día xa que nós plantexamos coma un reto inmediato a digitalización dos servizos que prestamos e deste xeito camiñar con paso seguro na Sociedade da Información.
Un afectuoso saúdo
Luis Fernández Gudiña
Alcalde de A Rúa de Valdeorras |
|
|