Castelán
Inicio

EscudoConcelloCamino Santiago

 

 

 

Benvidos á páxina web do noso concello       

Como alcalde do mesmo compráceme en presentarvos esta comunicación ao mundo cibernético, onde as distancias se acurtan e onde formamos parte da aldea global.

A Rúa de Valdeorras é un pobo de preto de 5.000 habitantes, bañado polo río Sil e lambido polas outras serras galegas. Somos un pobo hospitalario onde o visitante poderá comprobar que A Rúa é un espazo natural rodeado de vivendas onde se acolle a todo o mundo. Estamos orgullosos do noso pobo, do encanto do Aguillón, das festas de verán no mes de agosto, das nosas festas gastronómicas e por suposto dos nosos viños, coñecidos en todo o mundo.

A través deste espazo virtual, convido a todos os usuarios dos medios telemáticos a que coñezades o encanto da Rúa. Estou seguro que vos namorará, pero para iso xa temos un remedio: quédate.

Un saudo para todos

Avelino García Ferradal

Alcalde

 

 
PIC